Pola presente convócase en proceso de contratación de cinco persoas para formar parte da cuadrilla municipal de extinción de incendios do Concello de Coirós, (1 Xefe de Cuadrilla e 4 peóns), durante 3 meses.
Para o posto de Xefe de Cuadrilla, os interesados deberán presentar algunha das seguíntes titulacións: Enxeñeiro de Montes, enxeneiro técnico forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.
Así mesmo para o posto de Xefe de cuadrilla e de catro peóns deberán presentar instancia nas oficinas na casa do Concello, dende o día 09/06/2022 ata o día 15/06/2022 (ambos inclusive), en horario de 9:00 a 14:00 hrs.
Coa instancia deberán presentar:
- Documento nacional de identidade
- Carnet de conducir
- Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego
- Méritos que alegue que teñan relación coa función para que se contrata.
Coirós, 7 de Xuño de 2022
O Alcalde,
Asdo.) Francisco Quintela Requeijo