I MOSTRA DE TEATRO PARA ADULT@S

O Concello de Coirós organiza para esta primavera a súa primeira mostra de teatro dirixida a persoas adultas.

A mostra inclúe tres obras, Go on! e Berarada de Malasombra teatro, e Café Tennessee do grupo local de teatro Pena Furada que fará a súa estrea o domingo 26 de maio.

A entrada é de balde e non se precisa inscrición previa.

Lugar: centro social de Coirós

GO ON! domingo 28 de abril ás 18h

“Logo da chegada do home á lúa, á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia, dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da Ruta Xacobea. Vivirán aventuras como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte. Para maiores de 14 anos, unha divertida comedia que te sorprenderá.