III Mostra de teatro: Rosalía, a filla do mar

Pena Furada teatro ponlle o broche de ouro á mostra de teatro para persoas adultas

Este domingo, 22 de novembro, o grupo de teatro local Pena Furada será o encargado de pechar a III Mostra de Teatro para Persoas Adultas do Concello de Coirós.

Nesta ocasión, presentará a obra completa de “Rosalía, a filla do mar” unha proposta coa que o grupo despois de interpretar en varios teatros de Galicia, volverá subir ao escenario de Coirós para compartir co público a súa paixón pola interpretación.

Lugar: Centro Social de Coirós

Domingo, 22 de novembro á 18:30 horas

Unha ocasión especial para apoiar o talento local e desfrutar do teatro e da nosa cultura.

Agardámosvos para despedir a mostra como se merece!