INAUGURACIÓN DA ESCOLA INFANTIL DE COIRÓS

Onte inaugurouse a nova escola de educación infantil de Coirós ubicada no lugar de Pedrapartida.
Recibimos ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que visitou as instalación acompañado das mestras da escola, ademáis de alcalde Francisco Quintela e concelleiros.

Toda a comunidade educativa valorou moi positivamente as instalacións e nenos e nenas poideron comezar o curso nas novas instalacións.

Tamén salientou o alcalde de Coirós que o próximo curso implantarase o servizo de madrugadores e todos aqueles servizos que sexan necesarios para que os nenos e nenas de Coirós reciban escolarización no noso Concello.