Información sobre as notificacións para a limpeza e corta de fincas no entorno das vivendas

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia obriga as persoas responsables á xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas faixas secundarias ao redor dos núcleos rurais.

O Concello de Coirós está adherido ao Convenio de protección das Aldeas entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e o SEAGA en materia de prevención de defensa contra os incendios forestais.

Dentro deste convenio a Xunta de Galicia procedeu á supervisión e comprobación do estado das faixas secundarias de protección fronte incendios no entorno dos núcleos rurais do Concello de Coirós.

Nos próximos días a Xunta de Galicia, a través do SEAGA, procederá á notificación individualizada dos incumprimentos detectados indicando a obriga de xestión de biomasa e corta de especies prohibidas no seu caso. Indicando os posibles trámites en caso de incumprimento.