INFORMACIÓN SOBRE POSIBLES AFECTACIÓNS OCASIONADAS POLOS NODOS 4G NA BANDA 88MHz

Os operadores de móvil xa están ofrecendo servicios 4G. Esta nova tecnoloxía permite alcanzar conexións móviles de moi alta velocidade, mellorar a cobertura no interior dos edificios e conseguir maiores niveis de penetración xeográfica, en particular nas zonas rurais.
Os servicios móviles 4G van utilizar a frecuencia 800MHz que antes utilizaba a televisión dixital terrestre (TDT), polo que podería ocurrir que a sinal de TV se vexa afectada por interferencias en vivendas próximas ás estacións de telefonía móvil.

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servicio das estacións base de telefonía móvil non afecte á TDT, a entidade LLEGA800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT.

Estas actuacións son de carácter gratuito para as persoas afectadas, e o prazo para solicitalas finaliza o 31/03/2021. O teléfono de contacto gratuíto para resolver as dúbidas e incidencias é o 900 833 999

Coirós, 4 de marzo de 2021

O que informo para xeral coñecemento

O ALCALDE