LILA TEATRO: CACHOPO MÁXICO

O próximo sábado 16 de decembro ás 18h no Centro social de Coirós contaremos con “Cachopo máxico”, un novo espectáculo teatral para toda a familia a cargo da compañía Lila teatro.

O argumento da obra é o seguinte: “nunha pequena porción de terra, enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno e estar perdido entre as brétemas do esquecemento, pode divisarse unha casiña humilde e fermosa que nunca deixa de saír fume pola súa torta cheminea. Alí viven os Palpatore, unha familia singular porque coma ela non hai outra igual. Coa chegada do Nadal a casa Palpatore comeza a ferver, toca traballar sen descanso durante un mes e non están acostumados a tanto traqueteo. Eles son os mellores coñecedores de toda a maxia que acontece nesas datas de celebración”. Cachopo máxico é unha alegre interpretación dende a perspectiva dos costumes galegosm mais antigos que cuestiona a influencia da modernidade sobre a cultura popular e reivindica os bos saberes ancestrais.

Entrada de balde. Para toda a familia.

Espectáculo financiado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña