Publícase a continuación a listaxe definitiva das persoas admitidas no Campamento Concilia Coirós 2026
A distribución das persoas menores participantes nos distintos grupos realizarase en función do seu ano de nacemento, co obxecto de garantir unha adecuada organización das actividades e unha correcta adaptación ás características e necesidades de cada franxa de idade.
Distribución dos grupos
- Persoas nacidas nos anos 2020, 2021 e 2022: adscribiranse ao grupo correspondente á Escola de Educación Infantil (E.E.I.) de Coirós.
- Persoas nacidas nos anos 2019, 2018, 2017 e 2016: adscribiranse ao grupo correspondente ao Centro Social “Fillos de Ois” (Fontelo).
- Persoas nacidas nos anos 2015, 2014, 2013, 2012 e 2011: adscribiranse ao grupo correspondente ao Pavillón Deportivo da Cortella.
LIGAZÓN:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2026/06/CONCILIA-2026-ADMITIDAS-FINAL.pdf