Mellora da rede viaria núcleos rurais de Collantres e de Coirós de Arriba

En días pasados rematou a execución da obra denominada “Mellora da rede viaria núcleos rurais de Colantres e de Coirós de Arriba”, obxecto de axuda da Deputación de A Coruña, outorgada mediante acordo plenario de data 30 de setembro de 2022, e formalizada en convenio de data 6 de outubro de 2022.

En días pasados, dita obra foi recepcionada por persoal técnico da Deputación de A Coruña, así como por o representante e interventor do Concello de Coirós e o director da obra.

A mesma tivo un custe total de 70.215,76 euros, dos que a Deputación de A Coruña aportou 56.000,00 euros.

Coirós, 6 de xullo de 2023