Ningún neno/a sen regalo de Reis

O alcalde do Concello, Francisco Quintela, ven de anunciar que se acordou que aqueles nenos e nenas de Coirós que teñan a seus pais e nais en situación de desemprego ou erte, que poden deixar a súa carta de Reis Magos no Concello e faremos todo o posible para poidan cumprir os seus desexos.