O Club ITF Coirós acada 20 medallas na “12ª Copa Deputación” de kickboxing

  •  Os 7 competidores obtiveron un total de 8 medallas de ouro, 10 de prata e 2 de bronce
  •  Coirós conta xa con 86 medallas de kickboxing en competicións oficiais no que vai de ano 2021

Este sábado celebrouse na localidade de O Irixo (Ourense), a “12ª Copa Deputación” proba valedeira do calendario federativo, na que, ademáis disputouse o campionato de formas musicáis e a nova modalidade de kickboxing inclusivo. Na mesma, participaron sete representantes do club ITF Coirós  nun total de 20 disciplinas, de entre os que destacou Abelardo Vázquez García polos seus brillantes resultados.

Os resultados obtidos foron os seguintes:

Abelardo Vázquez García: Ouro en point fighting, ouro en light contact, tras luxar o ombreiro dereito na final de light e gañala, disputou outros dous combates gañando ambos e alzándose con outro ouro en kicklight.

Sandra Vázquez Requeijo:. Prata en point fighting, Prata en light contact, Prata en kicklight.

Paula Vázquez Requeijo: Ouro en point fighting, Ouro en light contact, Bronce en kicklight.

Yanire Vázquez Requeijo: Ouro en point fighting, Ouro en light contact, sen rival en kicklight.

Brais Freire Díaz: Prata en point fighting, Bronce en light contact, Prata en kicklight.

Guillermo Pedreira Rodríguez: Prata en point fighting, Prata en light contact, Ouro en kicklight.

Leandro Andrade Sanjurjo: Prata en point fighting, Prata en light contact, Prata en kicklight.

O Club persevera no camiño da perfección día a día co espíritu indomable que o caracteriza, facendo honra ao seu lema, representando a Coirós polo mundo enteiro.