O Club ITF Coirós acada 38 medallas na “13ª Copa Deputación” de kickboxing

  •  Os 16 competidores obtiveron un total de 14 medallas de ouro, 16 de prata e 8 de bronce
  •  Coirós conta xa con 207 preseas en competicións oficiais no que vai de ano 2022

Este sábado celebrouse na localidade de O Irixo (Ourense), a “13ª Copa Deputación” proba valedeira do calendario federativo. Na mesma, participaron catorce representantes do club ITF Coirós nas catro dsiciplinas que se disputaron, de entre os que destacou Guillermo Pedreira Rodríguez polos seus brillantes resultados.

Os resultados obtidos foron os seguintes:

Abelardo Vázquez García: Ouro en point fighting, ouro en light contact, ouro en kicklight.

Xurxo Gago Montaña: Ouro en point fighting.

Adrián Torres Barca: Ouro en light contact.

Sandra Vázquez Requeijo:. Bronce en point fighting, Prata en light contact, Ouro en kicklight.

Paula Vázquez Requeijo: Bronce en mock combat, Prata en point fighting, Ouro en light contact, Prata en kicklight.

Yanire Vázquez Requeijo: Ouro en mock combat, Prata en point fighting, Prata en light contact, Bronce en kicklight.

Brais Freire Díaz: Prata en mock combat, Prata en point fighting, Bronce en light contact, Ouro en kicklight.

Guillermo Pedreira Rodríguez: Ouro en mock combat, Prata en point fighting, Ouro en light contact, Ouro en kicklight.

Ana Pedreira Rodríguez: Prata en mock combat.

Leandro Andrade Sanjurjo: Bronce en mock combat, Bronce en point fighting, Bronce en light contact, Prata en kicklight.

Míriam Cagiao Faraldo: Prata en mock combat, Ouro en light contact.

Carolina Cagiao Faraldo: Prata en mock combat.

Daniel Sánchez Valiño: Prata en mock combat, Bronce en point fighting, Prata en light contact, Prata en kicklight.

Lucas Sánchez Valiño: Prata en mock combat.

Laura Freire Díaz: Prata en mock combat.

Valeria Vázquez Requeijo: Ouro en mock combat.

O Club prepara agora o vindeiro evento, que se celebrará por primeira vez en Coirós o 22 de outubro.