O Club ITF Coirós gaña 31 medallas no “XVIII Trofeo Internacional Kickboxing Cidade de Ourense” e Campionato de Galicia Mock Combat

  •  Os 13 competidores obtiveron un total de 31 preseas, das cales 13 foron de ouro, 16 de prata e 2 de bronce
  •  Coirós gañou ademáis catro campionatos galegos na modalidade sen contacto Mock Combat

Este sábado celebrouse na localidade de Ourense, o “XVIII Trofeo Kickboxing Cidade de Ourense” con 180 participantes de toda España, no  que se disputou ademáis o “Campionato Galego de Mock Combat”, no  cal participaron 13 integrantes do “Club ITF Coirós”, de entre os que destacou Paula Vázquez Requeijo polos seus brillantes resultados.

Os resultados obtidos foron os seguintes:

Manuel Carracedo Trigo: Subcampión en Light contact, Campión en Point Fighting, categoría Senior -79 kg.

Martín Varela Velo: Subcampión en Point Fighting, Subcampión en Light Contact, categoría Senior -94 kg.

Sandra Vázquez Requeijo: Subcampioa en Light Contact, Subcampioa en Point Fighting, categoría Xúnior -55 kg.

Paula Vázquez Requeijo: Campioa en Light Contact, Campioa de Galicia en Mock Combat, Campioa en Kicklight, Campioa en Point Fighting, categoría Cadetes menores -37 kg.

Yanire Vázquez Requeijo: Campioa en Kicklight, Campioa en Point Fighting, Subcampioa en Light Contact contra Paula, Subcampioa de Galicia en Mock Combat, categoría Cadetes Menores.

Brais Freire Díaz: Subcampión en Kicklight, Subcampión en Point Fighting, Subcampión en Light Contact, Bronce en Mock Combat.

Guillermo Pedreira Rodríguez: Campión en Kicklight, Campión de Galicia en Mock Combat, Subcampión en Light Contact, Subcampión en Point Fighting categoría infantil +36 kg.

Leandro Andrade Sanjurjo: Campión de Galicia Mock Combat.

Valeria Vázquez Requeijo: Campioa de Galicia Mock Combat.

Ana Pedreira Rodríguez: Subcampioa de Galicia Mock Combat, ao perder contra Valeria na final.

Míriam Cagiao Faraldo: Campioa en Point Fighting, Campioa en Kicklight, Subcampioa de Galicia en Mock Combat ao perder na final contra Paula, Subcampioa en Light Contact, categoría Cadetes Menores +47 kg.

Carolina Cagiao Faraldo: Bronce en Mock Combat.

Laura Freire Díaz: Con 4 anos debutou en competición quedando Subcampioa de Galicia en Mock Combat.

O Club segue medrando mentras prepara o seguinte obxetivo que será o Campionato de España de Kickboxing en Córdoba o vindeiro 1 de xullo.