O Club ITF Coirós gaña 42 medallas no “Campionato Galego de Kickboxing Tatami Sport 2022”

  •  Os 15 competidores obtiveron un total de 11 medallas de ouro, 20 de prata e 11 de bronce
  •  Coirós conta así con 11 campións autonómicos

O pasado fin de semana celebrouse na localidade de Marín (Pontevedra), o “Campionato Galego de Kickboxing 2022”, no cal participaron 15 integrantes do “Club ITF Coirós”, de entre os que destacaron, unha vez máis, os Vázquez Requeijo polos seus brillantes resultados. Os tatamis chegaron a estar tinguidos do verde de Coirós nas finais que se celebraron entre membros do mesmo club.

Os resultados obtidos foron os seguintes:

Abelardo Vázquez García: Campión de Galicia en Point Fighting, Campión de Galicia en Kicklight, Subcampión de Galicia en Light Contact, categoría Senior.

Sandra Vázquez Requeijo: Campioa de Galicia en Kicklight, Campioa de Galicia en Point Fighting, Subcampioa de Galicia en Light Contact.

Paula Vázquez Requeijo: Campioa de Galicia en Light Contact, Campioa de Galicia en Point fighting, Subcampioa de Galicia en Kicklight.

Yanire Vázquez Requeijo: Campioa de Galicia en Point Fighting, Subcampioa de Galicia en Kicklight, Subcampioa de Galicia en Light Contact, ao perder na final contra a súa irmá.

Brais Freire Díaz: Subcampión de Galicia en Kicklight, Bronce en Point Fighting, Subcampión de Galicia en Light Contact.

Guillermo Pedreira Rodríguez: Subcampión de Galicia en Kicklight, Campión de Galicia en Light Contact, Subcampión de Galicia en Point Fighting.

Daniel Sánchez Valiño: Subcampión de Galicia en Light Contact ao perder na final contra Guillermo, Bronce en Point Fighting, Bronce en Kicklight.

Leandro Andrade Sanjurjo: Campión de Galicia en Light Contact, Subcampión de Galicia en Point Fighting, Bronce en Kicklight.

Míriam Cagiao Faraldo: Subcampioa de Galicia en Point Fighting, Subcampioa de Galicia en Light Contact, Bronce en Kicklight.

Carolina Cagiao Faraldo: Subcampioa de Galicia en Point Fighting, Subcampioa de Galicia en Light Contact, Bronce de Galicia en Kicklight.

Lara Rodríguez Do Rosario: Bronce en Point Fighting, Subcampioa de Galicia en Light Contact, sen rival en Kicklight.

Manuel Carracedo Trigo: Campión de Galicia en Light Contact, Subcampión de Galicia en Kicklight, sen rival en Point Fighting.

David Felípez: Bronce en Point Fighting, Bronce en Light Contact.

Adrián Torres Barca: Subcampión de Galicia en Light Contact.

Xurxo Gago Montaña: Campión de Galicia en Point Fighting, Subcampión de Galicia en Light Contact, Subcampión de Galicia en Kicklight.

O club segue crecendo ano tras ano, gañando 42 metais comparados cos 17 do ano pasado, e convertíndose no club de referencia da Comarca, tanto en Kickboxing coma en Taekwon-Do ITF.