O Clube ITF Coirós acada 3 medallas de ouro no “Campionato de España de Kickboxing Tatami Sport”

Os 4 competidores obtiveron un total de 7 medallas, das cales 3 foron de ouro, e 4 de plata Coirós conta así con un bicampión e unha campioa de España, así coma con 66 medallas de kickboxing no que vai de ano 2021Dende o pasado 1 de xullo celebrouse na localidade de Azuqueca de Henares (Guadalaxara) o Campionato de España de Kickboxing Tatami Sport” coa participación de deportistas seleccionados de todas as federacións autonómicas de España, no que se disputaron combates e competicións nas distintas disciplinas, dende point fighting, light contact e kick light, ata formas, ou a nova modalidade de kickboxing inclusivo. Na selección autonómica galega participaron 4 integrantes do “Clube ITF Coirós”, de entre los que destacaron Abelardo Vázquez e Paula Vázquez polos seus excelentes resultados.Os resultados obtidos foron os seguintes:Abelardo Vázquez García: Campión de España en Light contact, Campión de España en Point Fighting, categoría Master class.Paula Vázquez Requeijo: Campioa de España en Light Contact, Subcampioa de España en Point fighting, categoría Cadete menor.Yanire Vázquez Requeijo: Subcampioa en Light Contact, categoría Cadete menor, non disputou point fighting por falta de rivais.Brais Freire Díaz: Subcampión en Point Fighting, Subcampión en Light Contact, categoría Cadete menor.O Clube segue medrando e mellorando día a día co espíritu indomable que o caracteriza e facendo honor ao seu lema, representando a Coirós a nivel internacional