O Clube ITF Coirós convocado para a selección autonómica pola Federación Galega de Kickboxing

  • Catro integrantes do clube de Coirós foron chamados polos seleccionadores
  • Coirós estará así presente no vindeiro campionato de España

14-06-2021

O pasado fin de semana tivo lugar a concentración da selección galega de Kickboxing no Centro Galego de Tecnificación Deportiva da localidade de Pontevedra. Á mesma foi convocado mediante Circular Federativa o Clube ITF Coirós, o cal contribuíu con catro competidores seleccionados xunto con outros noventa e tres deportistas de toda a comunidade autónoma.

Na concentración, que se desenvolveu ao longo da xornada do sábado nas instalación do CGTD, levouse a cabo unha sesión de tecnificación nas distintas disciplinas do Tatami Sport, con vistas ao vindeiro campeonato de España que se celebrará os vindeiros 1, 2, 3 e 4 de xullo na localidade de Azuqueca de Henares, dirixida polo staff ténico e a directiva da Federación.

Os deportistas coirenses que participaron na concentración foron os seguintes:

Abelardo Vázquez García, na categoría Master Class.

Paula Vázquez Requeijo, na categoría Cadete Menor.

Yanire Vázquez Requeijo, na categoría Cadete Menor.

Brais Freire Díaz, na categoría Cadete Menor.

Con esta convocatoria, Coirós consolídase no escenario nacional do kickboxing, cun prometedor equipo de deportistas que, con toda seguridade, acadarán grandes logros deportivos para o clube e o concello.