O CONCELLO ASINA UN CONVENIO COA SGAE

O Concello de Coirós ven de asinar un convenio coa SGAE a través do cal se establece unha tarifa anual fixa para cubrir todos os espectáculos que se celebran no noso concello e que están suxeitos a dereitos de autor.

Este convenio implica que as comisións de festas tampouco deberán abonar o pago de dereitos de autor para as festas patronais, xa que a cuantía está cuberta con este acordo.