O Concello de Coirós celebrou o “I Trofeo de Kickboxing Coirós”

O pasado 22 de outubro, Coirós foi a sede do “I Trofeo de Kickboxing Coirós” que xa estaba programado para o pasado mes de xuño pero tivo que ser aprazado por coincidir co campionato de España.

No mesmo participaron máis de cen de competidores de 10 clubs de toda Galicia que se disputaron as preseas en todas as probas e categorías da modalidade “tatami sport”.

O evento deu comenzo ás nove da mañá no polideportivo municipal da Cortella e durou ata as seis e media da tarde, cun receso para o xantar de dúas a catro da tarde. Ao remate da competición, entregáronse os premios “Ourobouro” que na súa primeira edición, recoñeceron o mérito deportivo dos galardoados entre os que se atopaban os mellores competidores en categoría masculina Alfonso Riqueza Rea e femenina Andrea Díaz Castro.

Coirós estivo representado polo seu club, o “ITF Coirós”, que con 18 competidores, un lesionado de última hora, loitou por obter o máximo de victorias, acadando un total de 17 ouros, 12 pratas e 7 bronces, nesta primeira edición do trofeo que foi presidido polo Alcalde D. Francisco Quintela.