O Concello segue a apostar pola labor que realizan as persoas voluntarias do Campo de Voluntariado “Monte da Espenuca”

O Concello de Coirós aposta un ano mais por darlle continuidade ó Campo de voluntariado internacional incluido dentro da oferta de verán da dirección xeral de xuventude e voluntariado.
Nesta novena edición (do 16 ó 30 de agosto), 14 mozas e mozos de entre 18 e 30 anos participan na do campo medioambiental “Monte da Espenuca” na tarefa de eliminar especies exóticas invasoras na área do Mandeo. As participantes desta edición son umha de República Checa, unha de Italia, dúas de Madrid, tres de Valencia, un de Zaragoza, unha de Badajoz, un de Toledo, unha de Salamanca e dous de Pontevedra.
Onte fixeron unha visita o alcalde de Coirós e o xefe do Servizo de Xuventude, Alejandro Bregua, que agradeceron ás participantes a súa desinteresada labor.