Durante unha visita ás instalacións da empresa de madeira contralaminada Xilonor, en Coirós, Feijóo referiuse á madeira como un dos elementos clave da transición verde, non só porque se trata dunha materia prima renovable e biodegradable senón porque está a gañar novos usos.
O Presidente avanzou a nova Axenda de impulso da industria forestal-madeira 2022-2024, que mobilizará preto de 140 millóns de euros para modernizar este motor da economía rural e chegar a 700 empresas beneficiarias.