O proxecto PEL Emprego Sustentable ofrece itinerarios formativos para crear emprego no rural

Ampliación de prazo ata o 12 de maio ás 14 horas

O proxecto PEL Emprego Sustentable, promovido pola Deputación da Coruña e financiado nun 80% polo fondo Social Europeo, ofrece itinerarios formativos coa finalidade de crear emprego no ámbito rural. Así, esta liña de actuación do PEL contempla accións en sectores como a gandería, atención sociosanitaria, telasistencia ou agricultura ecolóxica e pretende axudar a combater a perda de poboación no rural da provincia.

A lista detallada de itinerarios e accións formativas, así como a duración e número de prazas de cada unha das mesmas, pódese consultar no documento anexo a esta nova, no que tamén se dá conta dos obxectivos do programa, dos requisitos das persoas participantes e da axuda económica á que estas teñen dereito, entre outros aspectos de interese.

As persoas interesadas en participar neste programa poden obter máis información no Concello de Coirós, no teléfono 981 796 088.

REQUISITOS PERSOAS PARTICIPANTES

Para ser admitidas como participantes nas accións dos itinerarios de inserción, as persoas interesadas deberán cumprir cos seguintes requisitos xerais:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a nalgún dos concellos do proxecto.
  • Cumprir cos requisitos de acceso á formación adscritos a cada unha das acciones formativas.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos: Persoas desempregadas de larga duración (PLD). Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ) Persoas maiores de 55 anos. Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación. Persoas inmigrantes. Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas. Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar. Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

ITINERARIOS FORMATIVOS

  • Competencias clave
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución
  • Xestión de chamadas de teleasistencia
  • Dinamización comunitaria
  • Guía de itinerarios de sendeirismo
  • Emprendemento social en economía circular
  • Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios ou microempresas
  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
  • Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
  • Actividades auxiliares en agricultura
  • Agricultura ecolóxica
  • Manexo e mantemento de maquinaria agrícola
  • Actividades auxiliares en gandeiría
  • Gandería ecolóxica
  • Elaboración de leites de consumo e produtos lácteos
  • Operacións básicas de cocina
  • Tratamento de residuos e reciclaxe
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintería
  • Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios ou microempresas

AXUDA ECONÓMICA PARA AS PERSOAS PARTICIPANTES

As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego sustentable no ámbito rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano. O importe desta axuda será de 13,45 euros diarios e devengarase por días de asistencia que teñan a condición de lectivos, non poderá recibirse axuda aqueles días nos que se produza ausencia aínda que tal ausencia estea xustificada.