O RALLYE DA CORUÑA EN COIRÓS

O sábado 16 de marzo celebrase o 28 Rallye da Coruña tendo como novidade o tramo Coirós-Oza Cesuras (9,47 km). Un trazado totalmente inédito que vai a exixir una concentración máxima a todos os pilotos. A saída será moi preto da igrexa e xusto despois todos os participantes deben entrar na explanada do campo da festa e facer un circuito para despois percorrer diversos camiños entre Lesa e Merille antes de dirixirse a Oza-Cesuras.
A hora de saída será ás 8:30 e a estrada de Lesa permanecerá pechada ata o mediodía.