OFERTA DE EMPREGO: ALBANEL

Pola presente convócase o proceso de contratación de 1 persoa , para o “Programa de axudas á contratación de persoal para la execución de obras e servizos municipais dos Concellos da provincia (PEL – CONCELLOS 2024).
Posto ofertado: 1 albanel, categoría peón (6 meses).

Esta contratación será a tempo parcial.
A persoa a contratar neste programa, deberá cumplir algunha das seguíntes
situacións:
.- Mulleres ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
.- Maiores de 45 anos
.- Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola
administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
.- Persoas desfavoracidas que estean en algunha das seguíntes
situación: drogodependencia, vivir nun fogar onde ninguén teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental e persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestión socioculturais.
.- Parados de longa duración. (persoas que leven mais de dous anos como mínimo como demandantes de emprego)
.- Persoas víctimas de violencia de xénero

As persoas interesadas deberán presentar instancia nas oficinas na Casa do Concello, en horario de 9:00 hrs a 14:00 hrs ou a través do rexistro pola Sede electrónica dende o día 12/04/2024 ata o 17/04/2024 (ambos inclusive), .
Coa instancia deberán presentar:
Documento nacional de identidade
Tarxeta da seguridade social
Carné de conducir
Tarxeta de estar inscrit@ na Oficina de Emprego
Méritos que alegue que teñan relación coa función para a que se contrata.