Pola presente convócase o proceso de contratación de 4 persoas (1 Albanel Oficial 2ª, 1 Albanel Peón, 1 Peón Limpieza, todos eles por un período de 6 meses, e finalmente un Peón limpeza por un período de 3 meses, todos eles a xornada parcial)
As persoas a contratar neste programa, deberán cumprir e xustificar na presentación da solicitude algunha das seguintes situacións.
– Mulleres ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ó dos homes.
– Maiores de 45 anos.
– Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
– Persoas desfavorecidas que estean en algunha das seguíntes situación:
Drogodependencia, vivir nun fogar onde ninguén teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental e persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
– Parados de longa duración. (persoas que leven máis de dous anos como mínimo como demandantes de emprego).
– Persoas víctimas de violencia de xénero.
Os interesados deberán presentar instancia nas Oficinas na Casa do Concello, ou a través da sede electrónica, dende o día 10/04/2023 ata o xoves día 13/04/2023 (ambos inclusive), en horario de 9hrs a 14:00 hrs.
Coa instancia deberán presentar:
Documento nacional de identidade
Tarxeta da Seguridade Social
Carné de conducir
Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego
Méritos que alegue que teñan relación coa función para a que se contrata.