Pola presente convócase o proceso de contratación de 5 persoas, para o “Programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos Concellos da provincia” (PEL – CONCELLOS 2022).
(1 albanel categoría oficial 2ª (6 meses). 1 peón de albanel( 6 meses). 1 peón de limpeza (3 meses) e 2 peóns de limpeza (2 meses). Todos os contratos serán a tempo parcial.
As persoas a contratar neste programa, deberán cumplir algunha das seguíntes situacións:
.- Mulleres ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
.- Maiores de 45 anos
.- Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
.- Persoas desfavoracidas que estean en algunha das seguíntes situación:drogodependencia, vivir nun fogar on de ninguén teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental e persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestión socioculturais.
.- Parados de longa duración. (persoas que leven mais de dous anos como mínimo como demandantes de emprego)
.- Persoas víctimas de violencia de xénero
Os interesados deberán presentar instancia nas oficinas na Casa do Concello, dende o día 10/05/2022 ata o 13/05/2022 (ambos inclusive), en horario de 9:00 hrs a 14:00hrs .
Coa instancia deberán presentar
Documento nacional de identidade
Tarxeta da seguridade social
Carné de conducir
Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego
Méritos que alegue que teñan relación coa función para a que se contrata
Coirós, 9 de Maio de 2022
O Alcalde,
Asdo.) Francisco Quintela Requeijo.