O Concello de Coirós está a traballar na elaboración do Plan de emerxencia de seca municipal, que comprenderá as accións a desenvolver en caso de que se produzan situación de escaseza da auga.
Segundo o plan que establece Augas de Galicia, é preciso utilizar unha metodoloxía participativa na que implicar a axentes locais implicados e á veciñanza que poida aportar información e propostas para o ben común e poder determinar as mellores solucións para cada escenario.
A participación realizarase de forma telemática a través de talleres en liña, polo que dende o Concello animamos a participar a través de dous talleres.
Mais información e acceso ós talleres participativos: