PORTAS ABERTAS NA ESCOLA INFANTIL DE SEGUNDO CICLO

Achégase o momento de solicitar praza para a escolarización de nenas e nenos na segunda etapa de educación infantil (de 3 a 6 anos).

Na escola de educación infantil de Coirós, continúan as xornadas de portas abertas ata o 1 de marzo.

Polo tanto, aquelas familias que teñan interese en coñecer o funcionamento dunha escola unitaria, pode vir a Coirós a visitar as nosas instalacións e ver como se traballa no día a día.

De luns a venres de 12:15 a 13:00
📲📞639 70 98 95

LIGAZÓN COA DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE:

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025 | E.E.I. Coirós (xunta.gal)