Dúas mulleres protagonizan «Retrato de ida e volta», unha obra que, como as anteriores, ten un fondo compromiso social. Dela falará a autora de Taboada o xoves 29 no local social S.C.R.D. “Fillos de Ois”, Fontelo (Coirós).
Unha novela comprometida e protagonizada por mulleres.
Así é Retrato de ida e volta, a sexta obra (quinta novela) que publica a escritora Rosario Regueira Cereijo (Taboada, 1959).
Novela protagonizada por mulleres que trata de reflectir as contradicións entre o mundo urbano e o rural.
