PROCEDEMENTO PARA O RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Convocatoria de 2021

Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2021 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento TR305A).

Inscrición no  procedemento de recoñecemento da competencia profesional (Anexos III, IV e V).

Cualificacións que se convocan:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio  
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais
  • Socorrismo en instalacións acuáticas
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
  • Vixilancia e seguridade privada nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2
  • Servizos para o control de pragas. Nesta cualificación  non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse as persoas que quedaron na listaxe de espera da anterior convocatoria.

Acceso: https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.html