PROGRAMA DE COIDADOS PORTA A PORTA

O Concello de Coirós contará os próximos 13, 14 e 17 de xullo co programa que oferta servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.
Os servizos prestados son os de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.
Para iso, un autobús estará instalado no aparcadoiro do centro social en horario de 9 a 20horas. Está dirixido a persoas de 55 anos en adiante, sendo preciso pedir cita no teléfono 622 748 283