PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA (3ªEDICIÓN)

O Concello de Coirós está a poñer en marcha a terceira edición do programa de compostaxe doméstica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no noso Concello, que se dividirá en tres fases.

A primeira fase da campaña consisitirá nunha campaña de captación de familias interesadas en participar. Para isto, o xoves 15 de decembro, de 15 a 19 horas haberá unha carpa informativa no exterior do centro social na que se poderán anotar as persoas interesadas en participar na formación e recibir un composteiro.

A seguinte fase, o mércores 21 de decembro, consistirá nunhas xornadas explicativas sobre o funcionamento do composteiro. A duración da xornada será dunha hora.

E para finalizar o programa, farase un seguimento ó longo do 2023 con dúas visitas de control para avaliar a correcta instalación e uso do composteiro.

Terán preferencia as persoas que non participaron en edicións anteriores.