PROGRAMA DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO

Está previsto no marco do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático (formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2):

– AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS: 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)

– AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS: 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica).

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia.

Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas no caso de un número elevado de inscricións , só se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello. O prazo de inscrición será ata o próximo XOVES 4 DE FEBREIRO ás 14:00 horas. Documentación a presentar: formulario de inscrición e informe médico.Infórmate no Concello para coñecer os requisitos de acceso a esta formación.