PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO

O Programa de Turismo Social do Imserso para a tempada 2022-2023 comeza a súa comercialización o martes 20 de setembro de 2022. Para iso, e con carácter previo, desde o 29 de agosto de 2022, as persoas que foron acreditadas para participar nas viaxes, recibirán nos seus domicilios a súa carta de acreditación, na que se sinala a partir de que día do mes de setembro de 2022 poderán reservar viaxes correspondentes á tempada de turismo 2022-2023.

Nesta carta de acreditación inclúese unha Clave, composta por catro números, que permite á persoa titular da mesma realizar o seu reserva telemáticamente a través da central de reservas das empresas adxudicatarias; no caso de realizar a reserva nas axencias de viaxes que colaboran co Programa de Turismo do Imserso, só é necesario levar o DNI.

As reservas poderanse efectuar desde as 9:00 horas do día indicado na carta de acreditación. As persoas usuarias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia , poderán comezar a reservar as súas viaxes:

  • o xoves 22 de setembro de 2022, os acreditados preferentes.
  • o venres 23 de setembro de 2022, os acreditados non preferentes.

Recoméndase consultar na sede electrónica do IMSERSO a resposta ás Preguntas máis frecuentes relacionadas co proceso de comercialización do Programa de Turismo do Imserso; así mesmo, pódese contactar con Imserso no número de teléfono 912 667 713, de luns a venres en horario de 09:00 a 18:00 horas.

Máis información: IMSERSO