PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO E A COTA CERO – 2024 TR341DA

Convocatoria do programa de axudas á promoción do emprego autónomo que, dotado con 28,9 millóns de euros, inclúe unha partida de 9,6 millóns para financiar ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os 12 primeiros meses de actividade. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nun encontro coa asociación Compostela Monumental, no que expuxo estes apoios cos que a Administración autonómica segue a impulsar o traballo por conta propia, por representar un papel clave na economía galega como xerador de riqueza e de emprego.A orde de 2024 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade prevé achegas máximas de case 8.000 euros para persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade profesional en Galicia como traballadoras autónomas. Trátase de axudalas a facer fronte aos gastos xerados no comezo e mantemento do negocio, dixo Rivo.Poden ser beneficiarias das achegas as persoas que cursen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024.