PROGRAMA “PORTA A PORTA”

O Concello de Coirós contará os próximos 10, 11 e 12 de maio co programa que oferta servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.
Os servizos prestados son os de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.
Para iso, un autobús estará instalado no aparcadoiro do centro social en horario de 9 a 20horas. Está dirixido a persoas de 55 anos en adiante, sendo preciso pedir cita no teléfono 622 748 283

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2022/04/CARTEL-PORTA-A-PORTA-CON-ESCUDO-EN-EL-PIE.pdf