PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”


A Consellería de Política Social e Xuventude organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Ofértanse un total de 540 prazas distribuídas do seguinte xeito:

  • 280 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas
    solicitantes das provincias de A Coruña e Lugo.
  • 260 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as
    persoas solicitantes da provincia de Pontevedra e Ourense.

    Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2022 e o día 7 de xaneiro de 2023 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).
    A primeira quenda efectuarase no período comprendido entre o 23 e o 30 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.
    O programa comprende os seguintes servizos:
  • Estancia na residencia durante 8 días (7 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. O aloxamento en cuartos individuais terá carácter EXCEPCIONAL , require que a necesidade figure debidamente acreditada na documentación que acompaña a solicitude ou de selo caso mediante informe médico e , en todo caso, estará suxeita á
    dispoñibilidade e condicións establecidas no centro.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.

    Persoas beneficiarias:
    a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de
    solicitudes.
    b) Estar empadroado nalgún concello galego.
    c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
    d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2022/11/informacion_xuntos_polo_nadal.pdf