PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”


A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Prazas e destinos
Ofértanse un total de 270 prazas distribuídas do seguinte xeito:

  • 130 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Pontevedra e Lugo.
  • 140 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes da provincia de A Coruña e Ourense.
    No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda (de 24 de decembro de 2023 ao 30 de decembro de 2023, ou de 31 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024).
    Datas e servizos
    Este programa levarase a cabo entre o día 24 de decembro de 2023 e o día 7 de xaneiro de 2024
    No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda (do 24 de decembro de 2023 ao 30 de decembro de 2023, ou do 31 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024).
    O programa comprende os seguintes servizos:
    -Estancia na residencia durante 15 días (14 noites).
    -Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais previo informe médico que acredite a súa necesidade.
    -Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
    -Actividades de animación sociocultural.
    A recollida das persoas participantes efectuarase o día 24 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.
    Persoas beneficiarias:
    a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
    b) Estar empadroado nalgún concello galego.
    c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
    d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia 1
    durante o transcurso da estadía.
    Recoméndase estar vacinado fronte a COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.
    Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
    -Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
    -Teñan máis idade
    -Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.
    Solicitudes:
    As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.
    Estes impresos están á disposición das persoas interesadas na páxina web
    http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada/xuntospolo nadal
    Prazo e lugares de presentación de solicitudes:
    Ata o día 8 de decembro de 2023 (incluído)
    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no seguinte enderezo:
    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=es
    Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
    Opcionalmente, poderanse presentar de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e dirixiranse á xefatura territorial correspondente en función do ámbito territorial do solicitante.
    Prezo da praza:
    As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa.
    Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.
    2
    Documentación:
    As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
    DNI ou pasaporte en vigor.
    Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual …etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
    Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
    Roupa cómoda.
    Para mas información poden consultar a páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada/xuntospolo nadal ou dirixirse a:
    Consellería de Política Social e Xuventude
    Subdirección Xeral de Envellecemento Activo e Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria.
    Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.
    Tlfno: 981547437
    Correo electrónico: subxeaiss.politicasocial@xunta.gal
    O Teléfono Social: 900 333 666 (gratuíto).
     Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude
    Servizos de Dependencia e Autonomía Persoal
    Rúa Concepción Arenal, 7-9. 15006 A Coruña.
    Teléfono: 881881528
    Rúa Serra de Ancares, 68 baixo. 27003 LugoTeléfono: 982294051Rúa Concello, 4. 32003 Ourense (Centro Sociocomunitario) Teléfono: 988788704
    Praza da Estrela, s/n – 3º Andar. 36201 VigoTeléfono: 886218169
    Os Centros Sociocomunitarios da Consellería de Política Social e Xuventude
    Os servizos sociais comunitarios dos concellos e os departamentos de servizos sociais de atención primaria e de atención especializada de saúde ou dos hospitais.