Programa “Xuntos polo Nadal”

A Consellería de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Ofertaranse 526 prazas entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro en dúas quendas de 8 días cada unha. Máis información:

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2021/10/FOLLETO_programa-xuntos-polo-nadal-gal.pdf