Proxección “A poeta analfabeta” en Coirós, o luns 19 de setembro ás 18:00h.
É un filme documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser loura. Luz é unha muller brava, unha persoa profundamente política e un ser cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo? Que a mantén viva?
