O Concello de Coirós vaise integrar no proxecto “Enredando” de Cruz Vermella, que é unha inciativa de apoio dixital para as persoas que teñan dificultades para acceder ós servizos que requiren coñecementos deste tipo.
Unha furgoneta equipada con t´odolos medios virá impartir formacións e resolver dúbidas en contidos como:
- Internet e correo electrónico
- Páxinas web de interese (sergas, banca electrónica, compras online…)
O obxectivo da iniciativa é que a veciñanza perda o medo e permitirlle aprender a navegar seguro por internet, polo que vai dirixida a tódolos públicos.
A data da visita ó noso Concello é o martes 29 de marzo de 11 a 13 horas no diante do Centro social. (Non é precisa inscrición previa)
