Rehabilitación enerxética do Centro de Servizos Sociais do Concello de Coirós

En pasadas datas foron rematadas as obras no edificio do Centro de Servizos Sociais do Concello de Coirós, situado en Coirós de Arriba. Dito proxecto foi denominado “Rehabilitación enerxética do Centro de Servizos Sociais do Concello de Coirós”.

Ditas obras foron subvencionadas cunha cantidade de 157.807,68 euros, a través do Programa de Subvención a proxecto singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, co número de expediente “FEDER-ELL-2020-004322

A subvención foi outorgada para as dúas medidas seguintes:

– Medida n.º 1: A actuación consistiu na rehabilitación enerxética do edificio de Servizos Sociais, no municipio de Coirós, provincia de A Coruña, comunidade autónoma de Galicia. Para iso, actuouse sobre a fachada, a cuberta e as fiestras do edificio.

Realizouse a rehabilitación enerxética da “Fachada existente bloque pintado”, mediante illamento térmico polo exterior co sistema ETICS. Respecto á “Fachada existente de hormigón”, realizouse a rehabilitación mediante recubrimento de fachada ventilada de zinc. A rehabilitación enerxética de ocos de fachada fíxose mediante o desmontaxe de acristalamento, sen deteriorar a carpintería á que se suxeita e substitución por dobre acristalamento. Por outro lado, colocouse lá de roca 100mm por interior sobre falso teito e se fixo una reposición de albardilla de chapa pregada de aceiro galvanizado.

– Medida n.º 17: A actuación consistiu principalmente na implantación dun sistema de aproveitamento aerotérmico, mediante o uso de bombas de calor accionadas electricamente.

A instalación ten una potencia calorífica nominal de 112 kW y un valor de SCOP de 3,65.

Con ambas actuacións se reducen as emisións de CO2 de 17,8 kgCO2/m2 a 0,01 kgCO2/m2, pasando dunha clasificación enerxética anterior de B a unha actual de A.