Proximamente teremos a posibilidade de participar no noso Concello da segunda edición do proxecto “reto rural dixital” de Cruz Vermella. Basearase na realización dun curso para a adquisición de competencias dixitais básicas especialmente co manexo do teléfono móvil.
O inicio da formación será o próximo mes de decembro, e o horario será os martes e xoves en horario de 10:30 a 12:30.
As persoas interesadas deberán inscribirse no centro social do Concello.
