ROSA CARAMELO

Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, trataremos de crear unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

Sábado 20 de novembro ás 18h, para nenas e nenos de 4 a 9 anos. Con inscrición previa na OMIX

Espectáculo de Talía Teatro en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña