Pola presente convócase o proceso de contratación de 5 persoas ( 1 peón Albanel 4 meses, 1 Peón limpeza 4 meses e 3 Peons limpeza 3 meses), todos eles a tempo parcial.
Todo elo para formar parte do “Programa de integración laboral mediante execución de obras e Servizos mínimos municipais nos Concellos da provincia”.PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021)
As persoas a contratar neste programa, deberán cumprir e xustificar na presentación da solicitude algunha das seguíntes situacións.
.- Mulleres ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ó dos homes.
.- Maiores de 45 anos.
.- Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
.- Persoas desfavorecidas que estean en algunha das seguíntes situación:
Drogodependencia, vivir nun fogar onde ningúen teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental e persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
.- Parados de longa duración. (persoas que leven máis de dous anos como mínimo como demandantes de emprego).
.- Persoas víctimas de violencia de xénero.
As persoas interesadas deberán presentar instancia nas Oficinas na Casa do Concello, dende o día 09/06/2021 ata o luns día 14/06/2021 (ambos inclusive), en horario de 9hrs a 14:00 hrs.
Coa instancia deberán presentar:
Documento nacional de identidade
Tarxeta da Seguridade Social
Carné de conducir
Tarxeta de estar inscrito na Oficina de Emprego
Méritos que alegue que teñan relación coa función para a que se contrata.
Coirós, 8 de Xuño de 2021
O Alcalde
Asdo.) Francisco Quintela Requeijo