Cen anos de conquistas e represión
O vindeiro martes, 13 de outubro, ás 16:00 h, o Salón de Actos do Centro Social de Coirós acollerá a inauguración da mostra «Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión».
A inauguración correrá a cargo de Sol Agra Tuñas, deputada provincial de Igualdade, e Mónica Álvarez Martínez, concelleira de Coirós, e contará tamén coa charla da comisaria da mostra, Montse Fajardo.
