SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO DEPORTIVO MUNICIPAL

No BOP nº 81 do venres 29 de abril de 2022 publicouse a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións da Deputación da Coruña correspondentes ao programa FO106: convocatoria do programa de subvencións a Concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2022.

O Concello de Coirós recibirá unha subvención de 15.000€ adicada a subvencionar o posto do persoal técnico de deporte.