Subvenciones para apoiar o investimento e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes – 2023

Emprendemento PLUS
Subvenciones para apoiar o investimento e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes – 2023
Prazos
Data de publicación: 17 de xullo de 2023
Data de inicio solicitudes: 18 de xullo de 2023
Data de finalización solicitudes: 17 de agosto de 2023
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto establecer as bases e convocar subvenciónelas Emprendemento Plus para iniciativas de emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que na data de presentación de solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde a data de constitución ou alta, así como a data de inicio da súa actividade económica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través de dous programas:
a) Programa I. Emprendemento Plus Investimento. Este programa ten por obxecto apoiar a continuidade e a consolidación de iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, mediante o apoio de investimentos realizados nas iniciativas obxecto da axuda.
b) Programa II. Emprendemento Plus Emprego. Este programa ten por obxecto o fomento e a consolidación do emprego por parte de autónomos e pequenas empresas de nova creación (máx. 42 meses) para promover a contratación de persoas desempregadas. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, mediante unhas liñas de incentivos á contratación por conta allea e que inclúe dúas modalidades de axudas:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
b) Incentivos á contratación de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa.
Características da axuda
Programa 1: Emprendemento Plus Investimento
Serán subvencionables os investimentos que correspondan de maneira indubidable á iniciativa de emprendemento, que se clasifican en custos directos, determinados en base ao seu custo
real, e custos indirectos, determinados mediante un método de custo simplificado e en concreto:

  1. Equipamento informático.
  2. Activos intanxibles.
  3. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
  4. Reforma e habilitación das instalacións do local do negocio.
  5. Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man.
  6. Custos indirectos do proxecto, que se fixan nun tipo fixo do 3 % sobre os custos directos subvencionables indicados nos números do 1) ao 5).
    A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado, tendo en conta que o investimento mínimo admisible será de 10.000 euros:
    Rango de investimento % de investimento subvencionable
    Entre 10.000€ e 30.000€ 60%
    Entre 30.001€ e 50.000€ 55%
    Entre 50.001€ e 100.000€ 50%
    Entre 100.001€ e 200.000€ 45%
    Programa 2. Emprendemento Plus Emprego
    Para que as contratacións sexan subvencionables, deberán axustarse aos seguintes requisitos:
     Que o contrato se realice cunha persoa desempregada.
     Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable para este programa II de apoio ao emprego, que comprende, neste caso, desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de outubro de 2024.
    As axudas definidas no artigo anterior terán os seguintes incentivos:
     As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas: incentivo de 6.000 €.
     As contratacións de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 6.000 €.
    Persoas beneficiarias
    Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, as sociedades mercantís, as sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego, así como entidades sen personalidade xurídica tales como comunidades de bens, sociedades civís etc., sempre que cumpran a condición de peme segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
    Para ser beneficiarias deberán cumprirse os dous requisitos seguintes:
    a) Que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade que se trate, con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.
    b) Que iniciasen a súa actividade económica con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.
    Mais información
    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR880B&ano=2023&numpub=1&lang=es
    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230717/AnuncioG0656-100723-0001_es.pdf