Taller de prevención de riscos laborais dirixidos a traballadores/as de atención directa a persoas con dependencia_BETANZOS

Inscrición aberta


Data de inicio: 21 de Outubro , 2021
Data de fin: 11 de Novembro , 2021
Data de inicio da inscripción: 16 de Setembro , 2021
Data de fin da inscripción: 16 de Outubro , 2021
Duración (en horas): 16
Prazas: 15
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Betanzos


Cursos gratuitos. 16 horas repartidas en 4 xornadas.

Datas. 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro

Contido do curso

 1. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS ERGONÓMICOS (8 horas)

  • a) Riscos por mobilización de persoas con discapacidade motora persoas (4 horas)
    • Risco asociado á mobilización manual de persoas
    • Alteracións do sistema musculoesquelético e a súa asociación coa sobrecarga biomecánica
    • Identificación dos factores de risco
    • Estratexia preventiva
  • b) Aplicación práctica de técnicas de mobilización de persoas e normas de hixiene postural. Utilización de axudas menores: sabas deslizantes e táboas de transferencia (4 horas).

. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE AOS RISCOS QUÍMICOS E BIOLÓXICOS (4 horas)

  • Precaucións básicas fronte ao risco químico e biolóxico.
    • Tarefas con risco de contaxio de enfermidades.
    • Que facer para evitar contaxios
    • Accidentes con risco químico e biolóxico. Que facer
    • Pautas para minimizar a transmisión da COVID-19 para traballadores do sector sociosanitario
  • Aplicación práctica na aula. Medidas preventivas e actuación en cortes e salpicaduras. Uso de luvas, máscara, bata.

3. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS PSICOSOCIAIS (4 horas)

  • Esixencias psicolóxicas. Dobre presenza. Control sobre o traballo. Apoio social e calidade de liderado. Compensacións polo traballo.
  • Manexo de persoas con discapacidade cognitiva e patoloxías psiquiátricas
  • Aplicación práctica na aula. Simulación de caso real
  • Situación actual COVID-19. Efectos psicosociais que se están presentando nos centros de traballo

Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.

Horario: de 16:00  20:00 horas.

Criterios de selección:

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

·         Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

·         Grupo con prioridade 2: resto de persoal.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.

Solicitudes:

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II  da convocatoriaque se atopa dispoñible en formato editable a continuacón (Ficha de inscrición editable).

O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de15 alumnos/as por taller.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
  • Por entrega á empresa xestora, información no  teléfono  981392209

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
  • De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

No caso de cursos que teñan un número de alumnos/as inscritos inferior a 10, o ISSGA poderá optar entre pospoñelos a unha data posterior (sempre que sexa posible en función da data de remate do contrato) ou anulalos, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes. En caso de que se anulen, proporase a súa realización noutro concello.

Máis información nos teléfonos 981392209  ou no enderezo direccion@gplus.es