O próximo sábado 4 de novembro terá lugar no centro social de Coirós o espectáculo teatral “A illa sen tesouro”, de Teatro dos Ghazafelhos, dirixido a público familiar. A cita é ás 17.30h no salón de actos.
O espectáculo está incluído dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A illa sen tesouro é unha proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos. Apoiados nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nunha cova e nun valado, reinterpretan coa participación do público os distintos momentos dunha fabulosa aventura de piratas. Música, bailes, espadas e toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible de teatro Ghazafelhos. A revisión dun clásico literario para toda a familia.
Acceso gratuíto

