TEATRO: A TARTARUGA MANOLA

Sábado 10 de decembro ás 18h no centro social. De balde

“A Tartaruga Manola” é un conto que trata un dos temas máis importantes que nos toca abordar na actualidade, a conservación do lugar onde vivimos todos os seres vivos, o noso planeta, e cómo debemos actuar se queremos que siga sendo un lugar habitable para nós e para os que veñan despois de nos.

Manola é unha simpática tartaruga que vive tranquila nun pequeno estanque na casa duns seres humáns, asta que decide emprender unha grande aventura na que primeiro, comprobará asustada como a contaminación, a deforestación e a falta de auga están cambiando para mal todo o seu entorno, despois aprenderá qué é o que podemos facer para deter esta terrible degradación do medio ambiente, e finalmente, tomará a decisión de contarllo a todo o mundo para que cada un aporte seu grano de area no cuidado do que a fin de contas, é a nosa casa, a casa de todos e de todas.

A través de divertidas cancións e do encontro con persoaxes curiosos (Un erizo, unha anguila, unha tartaruga anciana…) acompañamos a Manola na sua viaxe, na que se atopará con situacións perigosas que aprenderá a resolver, ben ela soa, ou ben coa axuda de outros.

Manola hará este viaje aprendendo, e con ela, os nenos, as nenas e tamén os adultos e adultas, aprenderemos con ela como cada un de nós pode actuar cambiando certas actitudes no noso día a día, para así entre todos, seguir mantendo limpa e agradable a nosa casa, o noso planeta.

Espectáculo financiado pola Deputación da Coruña a través da Rede Cultural